
Eu non pertenzo ó concello de A Coruña, pero o alumbrado navideño desta cidade é digno de mención (e non para ben precisamente).
A montaxe, realizada por unha empresa que mellor non imos a nomear (por aquilo de non facer contrapublicidade), está composta de: 49 arcos tradicionais, dous letreiros, 350 motivos en farolas, 245 árbores iluminadas, ademais da iluminación e decoración da praza de María Pita. En total, instaláronse 1.530.275 puntos de luz, cun 83,5% de lámpadas de baixo consumo (o que se agradece), ós que hai que engadir os 750.000 puntos de luz en colaboración coas asociacións de comerciantes. Como cada ano, o alumbrado cumple con los criterios de eficiencia enerxética e sostibilidade fixados polo Concello (aínda que na cuestión estética e de deseño non estiveron tan acertados. Non hai máis que facer un recorrido baixo o espantoso teito que cubre toda a rúa de Juan Flórez. Estou segura de que os que vivades preto ou teñades coñecemento do que falo estaredes dacordo).
Porén, en moitas outras cidades da Península están ó tanto da importancia estética. Non hai que esquecer que cando falamos de Madrid (a cidade que máis gasta en luces de Nadal) a historia é moi outra. Os deseñadores españois aportaron as súas ideas creativas para a iluminación navideña.
Finalmente foron catro deseñadores pertencentes á Asociación Creadores de Moda de España, os escollidos para esta acción, tralo grande éxito desta iniciativa o ano pasado. A rúa Ortega y Gasset foi de novo o lenzo da deseñadora Agatha Ruiz de la Prada, Devota & Lomba debuxou na rúa Goya a súa visión máis propia do Nadal, Duyos tomou a Velázquez mentres que a burgalesa Amaya Arzuaga decorou cunha iluminación especial a Serrano.

Como novidade, este ano Madrid tamén se iluminará con 7 magníficas árbores de Nadal deseñadas polos seguintes creadores españois:
Agatha Ruiz de la Prada ten a súa árbore na beira do Río Manzanares
Juan Duyos iluminou coa súa a Praza Picasso
Francis Montesinos fixo o propio no Paseo de Coches do Parque do Retiro
Ángel Schelesser decorou a Praza de Castilla
Elio Berhanyer iluminou a Praza de Oriente
Os irmáns Ailanto teñen a súa árbore na Pza San Juan en Castellana (imaxe).
Aguilar deseñará a súa árbore para o parque da Vaguada
Se alguén está en Madrid ou decide pasarse, que nos mande algunha destas estampas.
FELIZ ANINOVO!!