miércoles, 31 de diciembre de 2008

BO NADAL!!

Xa levamos un bo tempiño metidos no Nadal e moito máis se referimos o comezo desas festas ó momento no que se comezaron a colocar a decoración e as luces polo longo e ancho das nosas cidades (tamén diría vilas, pero en Bribes non nósda para tanto).

Eu non pertenzo ó concello de A Coruña, pero o alumbrado navideño desta cidade é digno de mención (e non para ben precisamente).

A montaxe, realizada por unha empresa que mellor non imos a nomear (por aquilo de non facer contrapublicidade), está composta de: 49 arcos tradicionais, dous letreiros, 350 motivos en farolas, 245 árbores iluminadas, ademais da iluminación e decoración da praza de María Pita. En total, instaláronse 1.530.275 puntos de luz, cun 83,5% de lámpadas de baixo consumo (o que se agradece), ós que hai que engadir os 750.000 puntos de luz en colaboración coas asociacións de comerciantes. Como cada ano, o alumbrado cumple con los criterios de eficiencia enerxética e sostibilidade fixados polo Concello (aínda que na cuestión estética e de deseño non estiveron tan acertados. Non hai máis que facer un recorrido baixo o espantoso teito que cubre toda a rúa de Juan Flórez. Estou segura de que os que vivades preto ou teñades coñecemento do que falo estaredes dacordo).

Porén, en moitas outras cidades da Península están ó tanto da importancia estética. Non hai que esquecer que cando falamos de Madrid (a cidade que máis gasta en luces de Nadal) a historia é moi outra. Os deseñadores españois aportaron as súas ideas creativas para a iluminación navideña.
Finalmente foron catro deseñadores pertencentes á Asociación Creadores de Moda de España, os escollidos para esta acción, tralo grande éxito desta iniciativa o ano pasado. A rúa Ortega y Gasset foi de novo o lenzo da deseñadora Agatha Ruiz de la Prada, Devota & Lomba debuxou na rúa Goya a súa visión máis propia do Nadal, Duyos tomou a Velázquez mentres que a burgalesa Amaya Arzuaga decorou cunha iluminación especial a Serrano.


Como novidade, este ano Madrid tamén se iluminará con 7 magníficas árbores de Nadal deseñadas polos seguintes creadores españois:
Agatha Ruiz de la Prada ten a súa árbore na beira do Río Manzanares

Juan Duyos iluminou coa súa a Praza Picasso

Francis Montesinos fixo o propio no Paseo de Coches do Parque do Retiro

Ángel Schelesser decorou a Praza de Castilla

Elio Berhanyer iluminou a Praza de Oriente

Os irmáns Ailanto teñen a súa árbore na Pza San Juan en Castellana (imaxe).

Aguilar deseñará a súa árbore para o parque da Vaguada


Se alguén está en Madrid ou decide pasarse, que nos mande algunha destas estampas.
FELIZ ANINOVO!!

martes, 30 de diciembre de 2008

A COR NA WEB


Color para sitios web, por Molly E. Holzschlag


"Color para sitios web apareceu para encher un oco existente nos libros contemporáneos de deseño para a web -e para celebrar a natureza profunda da color. Aínda que existe abundante información acerca da teoría da cor, as gráficas ea web, a cor dixital para a web e a cor no contexto cultural, ata onde sei non existen obras nas que se combinen estes temas especificamente para o deseñador Web, a quen se debe habilitar para que faga seleccións idóneas e as execute con destreza, conservando esa fascinación orixinal".


Traducido ó castelán e atopable por un prezo de oferta de 9,95 euros (antes estaba a 45 euros), este libro de McGraw Hill percorre as principais teorías da cor, as técnicas e contén guías impresas (coa súa composición) das 256 cores seguras da web e os nomes en html das principais cores (arredor de 150).
O obxectivo do libro é permitir ó creador de sitios web coñecer como se comporta a cor e como interactúan unhas con outras e así, atreverse con combinacións innovadoras ou máis acordes co contido das webs que deseñan.


A principal pega que se lle pode poñer é que se queda demasiado na teoría e adoece de páxinas amosando exemplos de boas e malas utilizacións da cor en Internet.


Color para Sitios WebMolly E. Holzschlag
Formato: Tapa Dura
Editorial: McGraw-Hill
ISBN: 9701032632
Fecha: 2002
Pags: 175

lunes, 15 de diciembre de 2008

A cor no deseño web

- Introducción básica de historia web
Os comenzos das páxinas web
A evolución da cor nas páxinas web

- A cor web: Introducción
Introducción da cor web, incorporación da cor segundo os estudios realizados sobre os seus significados
As funcións da cor na web (significados), sensacións…
A aplicación da cor na web, como empregalos ben e o que produce o abuso de algunhas cores. As distintas clasificacións: sexo, idade, profesión…
Teoría da cor

- A cor web: Desenvolvemento
Relación da cor web e as súas funcións cos significados no cinema, na pintura, na televisión…
Relación dos estudios de marketing co deseño web. Publicidade
Exemplos de bos usos da cor nas webs
Exemplos de malos usos da cor nas webs
Valoracións sobre a cor web na actualidade

- Conclusións
Opinión persoal

- Bibliografía empregada


Este é o noso esquema para do debate.
Un saúdo.