jueves, 27 de noviembre de 2008



MADRID AMOSA O TRABALLO MÁIS ACERTADO DO DESEÑO IBEROAMERICANO



Unha exposición que mostra dende hoxe en Madrid o traballo de 260 creadores é o escaparate máis visible da I Bienal Iberoamericana de Diseño (BID), ca que se quere contribuir a acercar "as dúas beiras do Atlántico". A mostra, aberta ata o 15 de febreiro no centro cultural Matadero de Madrid, reúne 316 traballos de nomes consolidados do deseño e novos talentos dos 22 países iberoamericanos, representativos do que se pensa, fai e produce en Latinoamérica, España e Portugal. Entre os traballos expostos, hai carteis, como os do mexicano Alejandro Magallanes; portadas de revistas, como as do arxentino Alejandro Ros; xoias, como as das bolivianas Claudia e Rosario Hinojosa; interiores, como os do brasileiro Nido Campolongo, e onzas de chocolate, da firma española Dieguez Fridman.

Aínda que a exposición do Matadero é a máis importante, non é a única que poderá ver o público na capital española con motivo da BID. Fiel á filosofía de reunir figuras consolidadas e novos talentos, a exposición "Gráfica Gráfica" mostra nunha galería madrileña os traballos do mexicano Magallanes, nado en 1971, e do español Daniel Gil (1930-2004), quenes, viviendo en tiempos e espazos distintos e distantes, comparten unha forma de concebir o deseño.
Ademais, a Casa de América acolle a exposición "Kabum! Mix", que reúne carteis feitos por nenos das favelas de Río de Janeiro, Salvador de Bahía e Recife, a partir de talleres coordinados por Felipe Taborda e Alain Le Quernec. No Museo de Artes Decorativas amosaranse mobles do chileno Cristian Valdés, o brasileiro Sergio Rodrigues e o español Ximo Roca, mentres que no Instituto de México en España pódense ver deseños de sillas de mediados do século XX e contemporáneos.
Paralelamente, haberá conferencias, debates e clases maxistrais que permitirán o diálogo e o encontro entre profesionais, estudiantes, empresas e todos aqueles interesados en coñecer de preto que propoñen os creadores iberoamericanos. A Bienal celebrarase cada dous anos en Madrid, na Central de Diseño do Matadero.


Parte dos traballos expostos saltarán dende Madrid a outras cidades europeas ou iberoamericanas, nunha itinerancia que preparará o camiño cara a seguinte cita en 2010.


P.D. FALANDO DE EXPOSICIÓNS EN MADRID ESTOU SEGURA DE QUE UNS CANTOS, OU CANDO MENOS GONZALO, ESTARÁ DACORDO COMIGO NA POSIBILIDADE DE NOS ACHEGAR A.... "STAR WARS. THE EXHIBITION"!!!!!!!!!!!! UUUUUUUUUUUUUUUHHH!


ATA OUTRA!




ARI G

martes, 25 de noviembre de 2008

De exposición











Fai xa moito tempo circulaba eu pola rede cando descubrín algo realmente interesante e que supoño que moitos coñeceredes xa.
Foi hai uns días cando se me ocurriu a idea de colgar algunhas destas fotos aquí. Espero que vos gusten moito e quero saber o que opinades destes peculiares deseños. Xa subirei máis, non vos preocupedes.

Que opinades desta "reciclaxe"? Destes deseños mais ben desastrosos? Vistes algunha vez algo parecido? Consideradelos o futuro do deseño 'underground' das aldeas? Marcarían un novo estilo se se colocaran nun museo? Credes que os seus creadores son conscientes de que están diseñando?

Un saúdo. 

martes, 18 de noviembre de 2008

MoMA Designs






Aquí vos deixo algunhas das fotos que puidemos sacar no MoMa de Nova York nunha exposición de deseño de interiores. Espero que vos gusten.
Hai algunhas fotos de obxectos como sillas, pero non me deixa subilas todas e despois sacamos unhas de deseño de casas, xa intentarei colgar algunhas.

Que vos parecen os deseños? Útiles? Iguales que os clásicos? Máis fáciles de empregar? Máis difíciles? Máis atractivos?

Un saúdo. Gracias a Ricardo polas fotos.

jueves, 13 de noviembre de 2008

Malos deseños realmente?

O sábado pasado acordeime de casualidade de que tiña que subir unha entrada a este noso estreado blog. Mirei as entradas dos meus compañeiros e decateime do problema dalgúns dos 'malos' diseños mencionados: non será que a veces non sabemos usar ese diseño correctamente?
Contarei unha experiencia un tanto frustrante e nada interesante. Eu antes pensaba coma Ariadna alias "Ari": o abre-fácil era un método moi cruel de publicitar as tesoiras. Pero fai uns meses atopeime con alguén que en menos dun 'pestanexo' ábría o envase sen dubidalo nin un momento. Somos nós un pouquiño tontiñas? Non! Pero non sabemos usalo correctamente.
O mesmo acontece coas nosas amigas as latas de anel. O autor de certo artigo que non quero mencionar falaba deste fenómeno de masas que a el tanto o desesperaba. Pero quizáis era el, na miña humildísima opinión, o que non sabía como se usaba este sofisticado deseño.
Outra cousa é que o deseño sexa bo pero que os materiais non o acompañen. Isto pode aplicarse por exemplo os deseños web, que aínda que estén ben plantexados eses detalles (como que se colgue o servidor, que non funcionen animacións...) depende máis ben da materia prima.
Esto mesmo podría decirse do que mencionaba antes: as ideas do abre-fácil ou dos aneis das latas. Se non se abre o envase despois de doblar a esquina, quizáis sexa que o material co que está feito é demasiado duro, ou que o anel se quede nas túas mans mentres miras con cara de apampado a unha lata pechada pode ser causa de que non estaba ben pegada ó envase.
Que pensades vós? Mal deseño? Malos materiais? Boa idea? Mala práctica?

Pois entón, como teño que subir esto rapidiño para marchar, non me meterei no tema das fotos (que a veces non se cargan ben). Queda un pouco aburrido o texto así (mal deseñado?) pero noutra ocasión será.
Xa teño preparadas unhas fotos moi especiais de deseños un tanto curiosos, pero evidentemente non están nos ordenadores da facultade.

Un saúdo.

viernes, 7 de noviembre de 2008

DESEÑAR OU NON DESEÑAR






En pleno século XXI a tecnoloxía e o deseño cobran novos niveis de importancia. Se ben é certo que isto non é tanto así en Galiza si o é en países como Finlandia, onde se podería dicir que a industria é, practicamente, unha arte máis.


Porén, xorde un problema cando falamos do deseño, non debemos esquecer que este debe acompañar á utilidade e nunca substituíla. O sistema ou producto que o usuario está a empregar debe contar, por suposto, cunha determinada estética, unha certa forma, pero o principal e que a súa función non se vexa perxudicada polo aspecto externo. De nada serve unha bonita carcasa se o móvil non permite facer chamadas, e do mesmo xeito ninguén pagaría por unha mesa na que non podemos apoiar ningún obxecto só polo feito de resultar máis atractiva á vista que outra.



É evidente que vivimos nunha sociedade onde o exterior, aínda que se intente ocultar, é moi importante e non imos negar iso, pero eu pediría dende aquí a todas esas persoas que adican a súa vida a facer dos obxectos un agasallo para os nosos ollos que pensasen nun deseño que convertese realmente en fácil o "abre fácil" do cartón de leite para todos aqueles patos@s que non somos quen de abrilo sen axuda dunhas tesoiras.






Grazas pola atención



Ari G