domingo, 8 de febrero de 2009

Como diseñar unha película de Oscar


O día 22 de Febreiro celébranse os "prestixiosos" premios Oscar ou da Academia. Para poder facer unhas pequenas prediccións decidinme a ver as películas nominadas a mellor filme do ano :Frost/Nixon, The reader, The curious case of Benjamin Button, Milk e Slumdog Millionaire
Ningún dos directores é descoñecido. Ron Howard xa gañou dous premios con Una mente maravillosa e gran parte das súas películas serían as "adecuadas" para estes premios de renome. Stephen Daldry segue a súa liña con esta película cun tema tan "novidoso" como é o dos nazis. Porén, este tema tan recurrido ten un posto máis ca secundario nunha fermosa historia de amor. Pero non máis ca a creada por Danny Boyle, que cambia considerablemente o seu estilo narrativo. Renóvase en cada un dos seus filmes. David Fincher adáptase á historia de Benjamin e fai do seu filme máis recoñecido ata o momento pola academia tamén o máis comercial e menos innovador. E para rematar, Gus Van Sant, o que me leva a facer esta entrada, xa que aínda que segue coas súa defensa dun tema tan tabú no cinema como é a homosexualidade afástase da súa liña "independiente" para unirse ó comercialismo.
Levo uns anos seguindo a obra deste director e sempre me pareceu admirable a súa forte defensa dos seus principios e a súa particular maneira de contar historias, sobre todo nas súas últimas películas. 
Neste filme, Milk, fixo un gran deseño para gañar a "estatuilla". Escapou de crear un filme lonxe dos convencialismos americanos comerciais para crear un biopic ben parecido a por exemplo El aviador, a anteriormente mencionada Una mente maravillosa, Maria Antonieta, Elizabeth... 
Evidentemente isto é unha opinión persoal, pero claro, segundo o meu criterio, este filme ten os elementos esenciais para ser premiada polos académicos: algo de lágrima fácil, uns actores coñecidos...
Para non extenderme demasiado gustaríame saber cal é a vosa opinión con respecto a isto. 
Que opinión vos merecen os premios Oscar? Cal pensades que será a película gañadora? Os actores? E directores? Cal é para vos a fórmula ou diseño idóneo dunha película? Coincide coa dos Oscar? Estades de acordo coa teoría de que hai un estilo claro de filmes que triunfan nos Oscar?
Un saúdo.