domingo, 8 de febrero de 2009

Como diseñar unha película de Oscar


O día 22 de Febreiro celébranse os "prestixiosos" premios Oscar ou da Academia. Para poder facer unhas pequenas prediccións decidinme a ver as películas nominadas a mellor filme do ano :Frost/Nixon, The reader, The curious case of Benjamin Button, Milk e Slumdog Millionaire
Ningún dos directores é descoñecido. Ron Howard xa gañou dous premios con Una mente maravillosa e gran parte das súas películas serían as "adecuadas" para estes premios de renome. Stephen Daldry segue a súa liña con esta película cun tema tan "novidoso" como é o dos nazis. Porén, este tema tan recurrido ten un posto máis ca secundario nunha fermosa historia de amor. Pero non máis ca a creada por Danny Boyle, que cambia considerablemente o seu estilo narrativo. Renóvase en cada un dos seus filmes. David Fincher adáptase á historia de Benjamin e fai do seu filme máis recoñecido ata o momento pola academia tamén o máis comercial e menos innovador. E para rematar, Gus Van Sant, o que me leva a facer esta entrada, xa que aínda que segue coas súa defensa dun tema tan tabú no cinema como é a homosexualidade afástase da súa liña "independiente" para unirse ó comercialismo.
Levo uns anos seguindo a obra deste director e sempre me pareceu admirable a súa forte defensa dos seus principios e a súa particular maneira de contar historias, sobre todo nas súas últimas películas. 
Neste filme, Milk, fixo un gran deseño para gañar a "estatuilla". Escapou de crear un filme lonxe dos convencialismos americanos comerciais para crear un biopic ben parecido a por exemplo El aviador, a anteriormente mencionada Una mente maravillosa, Maria Antonieta, Elizabeth... 
Evidentemente isto é unha opinión persoal, pero claro, segundo o meu criterio, este filme ten os elementos esenciais para ser premiada polos académicos: algo de lágrima fácil, uns actores coñecidos...
Para non extenderme demasiado gustaríame saber cal é a vosa opinión con respecto a isto. 
Que opinión vos merecen os premios Oscar? Cal pensades que será a película gañadora? Os actores? E directores? Cal é para vos a fórmula ou diseño idóneo dunha película? Coincide coa dos Oscar? Estades de acordo coa teoría de que hai un estilo claro de filmes que triunfan nos Oscar?
Un saúdo.

4 comentarios:

Lauchian dijo...

Os oscars todo dios sabe que están amañados (vexase o oscar a Marisa Tomei) pero seguimos querendo pensar que a xente que os recibe son a que máis os merece e que os reciben non por cuestións de: se lle damos moitos oscars a unha película sobre a India quedamos fenomenal. Eu, a lo menos, quero pensar que se entregan pola calidade da obra, non polo que lle vaia mellor a imaxe da academia.

Un bico!

PD: aínda así, a min, as galas de premios, encantanme xD

Anónimo dijo...

Está ben a idea de pechar as bitácoras por peche de actividades.
Tamén hai que recordar a estrutura de carpetas que fixamos previamente e que en cada carpeta só estean os arquivos necesarios. Hai que limpar o que non sirva.
marotlo

Anónimo dijo...

A entrega e presentación dos proxectos será o vindeiro mércores, día 18, ás 17:00, na AI6.
Na presentación hai que contar:
- Razóns da elección do contido
- Razóns da elección do deseño. Rasgos diferenciadores
- Razóns do interese dó sitio
Aproveito para informarvos do taller:

Obradoiro de Técnicas de Animación Dixital (Flash)

Programa
Teoría da animación. Técnicas de animación con Flash. Fundamentos básicos da animación. Animación tradicional. Animación de símbolos. Animación con fontes
Conceptualización de proxectos e comprensión dos mecanismos da animación. Storyboard dixital. Aspectos básicos de programación en Action Script

Horas: 30

Horario: De 17:30 a 20:30 horas

Datas de realización: Do 14 ó 29 de abril

Periodo de preinscricion: Do 23 ó 28 de marzo

Lugar de preinscricion
Secretaría do Departamento de Ciencias da Comunicación (3º andar). Facultade de Ciencias da Comunicación.
Teléfono, 981 563100, extensión, 16522

Período de matrícula: Do 30 de marzo ó 7 de abril

Profesorado: Fran Pedreira

Número de alumnos
- Mínimo: 13
- Máximo: 23

Prezo matrícula: 70 euros.

1 crédito de libre configuración
marotlo

Anónimo dijo...

Para adiantar as vosas saídas de Compostela, quedamos ás 16:00 horas (en lugar das 17:00) na AI6.
marotlo