viernes, 27 de marzo de 2009

DIARIO DE BRIBES. As notas de toda unha vida

Coma sempre, agardando ata o último momento para facelo todo, pero por fin, a escasas horas do peche da subida de notas (jiji!), aquí está a miña opinión sobre o voso traballo. Non vos quero aburrir nin a vós nin a min tampouco, así que procedo directamente ó que interesa (nada de reflexións matemáticas. No deseño web, como na arte, o ves é o que hai!)


KEN AND THE DOLLS

+estilo moi acorde co grupo e o seu historial
+contidos moi traballados
+bó emprego da cor
+ paréceme incrible que, traballando con dreamweaver, se obteña un resultado coma este (felicidades dolls... e gisus!!)

-pouco traballo con flash
-preferiría que a música comezase cando o usuario así o quixese e non directamente ó acceder á páxina
-en ocasións debido á tipografía ou ben ó fondo escollido (cando non existe contraste algún entre o fondo e a letra. ex: copyright no inicio) dificúltase a lectura do usuario
-non chego a comprender porque un tipo como Ken, ten tanta moza sexy detrás del [no offence, chuster! ;)]

NOTA. 9.25


MINIMALAB

+estética dacordo co tema a tratar
+a selección de cor
+o modo en que o pasar o rato por enriba dunha foto se vexa a mesma ó carón nun tamaño meirande

-idea interesante, pero ó mesmo tempo a escolla implica un mínimo traballo estético (hai que ter en conta que non se trata simplemente de facer unha páxina, senón unha a evaluar)
-non ocorre nada trala conta atrás mentres o usuario está espectante (igual unha explosioncita ou algo, jiji!)
-tamaño insuficientemente grande das fotografías
-as músicas comezan todas ó mesmo tempo

NOTA. 7.5


GUIONIZA

+estética sinxela, acorde coa idea a tratar
+a navegación polo espazo non supón ningunha dificultade (mesmo para o usuario máis inexperto)
+a animación da libreta (moi relacionada coa idea)

-o fondo non acaba de cadrar co caderno, quizais fose mellor tratar ese fondo de xeito que presentase cores máis sólidas ou se cadra con menos ruído
-no apartado de noticias, non existe a posibilidade de ir á noticia anterior e só á seguinte
-falta de información sobre a actividade que desenvolve o espazo

NOTA. 9.25


QUETEQUERO

+estética orixinal
+cores e tipografía moi dacordo coa temática
+moito traballo en flash (de feito, todo o traballo é en flash)

-tema principal pouco orixinal (á par que bastante cursi, de non ser polo seu tratamento en clave de humor)
-as frechas de anterior ou seguinte seguen aparecendo mesmo cando non se poden usar
-non queda claro que o "quetequero" sirva para voltar ó comezo da páxina (aínda que non é algo que resulte estraño nunha páxina web)

NOTA. 9.25


WONDERFUL 5

+idea orixinal
+uso da cor
+pódese parar a música se así se prefire

-deseño moi sinxelo
-para que a idea se puidese levar a cabo con éxito sería preciso unha campaña publicitaria moi agresiva e do contrario non tería sentido
-poucos contidos

NOTA. 7


ZAPA

+deseño moi interesante e acorde coa idea da páxina
+animación de benvida
+uso da cor (sempre seguindo unha liña lóxica)

-gustaríame que se puidese para a música sen ter que acceder a unha das opcións do menú(síntoo, pero eu son desa clase de usuarios que se rallan moito coas melodías das páxinas e sei que non son a única)
-non se pode volver á animación principal
-se paso o rato sobre unha das entradas do menú branca esta vaise convértese en mostaza directamente, pero se o fago sobre unhas das grises primeiro vai a branco e despois a granate (eliminando tamén a progresiva aparición das letras)
[por dicir algo ;)]

NOTA. 9.25


RADIOACTIVOS

+a forma da radio como interface moi en sintonía (jeje!) coa idea a tratar
+a selección de cores
+engloba moitas webs nunha soa facilitando o traballo do usuario

-no sintonizador aparece supostamente o que está a ser emitido, pero non se axusta á realidade, senón ó momento no que se ía expoñer o traballo
-poucos contidos propios (case todo a base de enlaces externos)
-pouco traballo creativo

NOTA. 7.5


TUTTIFRUTTI

+contidos interesantes e orixinais
+idea dos pedidos a través da web
+debuxos/animacións moi divertid@s e acorde co espazo

-estética pouco traballada
-uso da cor (podería ter o mesmo sentido infantil sen empregar cores tan agresivas)
-tratándose dun grupo musical, esperaba que se lle outorgara máis relevancia a ese aspecto (cando menos un single de Dano Manzano sería de agradecer)

NOTA. 7.25


ARTESALA

+animación principal moi interesante e dacordo coa idea a tratar
+posibilidade de acceder ás seccións a través da animación e a través do menú
+sempre tes a opción de ir a diante ou atrás ou de volver ó comezo o que resulta moi útil para o usuario e de moi fácil uso

-non hai xeito, se se quixera, de pasar a animación é ir directamente á páxina
-distintas linguas (aínda que as cancións poidan ser en varios idiomas o correcto é que se traduzan á lingua principal que se está a empregar no espazo)
-dependendo da resolución (supoño) a páxina desprázase á esquerda

NOTA. 8.75


OITENTEIROS

+vídeo de acceso
+pódense ver os vídeos a través de youtube, pero dentro da propia páxina, o que resulta moi cómodo para o usuario
+estilo do menú moi en combinación coa temática

-ó pulsar os nomes dos cantantes e da súa composición aparece erro (non sei se só me pasa a min)
-a animación aparece en fondo branco cando debería aparecer en fondo transparente
-a estética dunhas a outras fotos é moi distinta
-por que denominar á Xeración Xabarín oitenteiros, se o Clube non nace ata 1994?

NOTA. 8


AO LÍMITE

+contidos moi traballados e interesantes (e moi útiles, por certo)
+animacións moi divertidas que chaman a atención do usuario
+axústase á perfección ó tipo de target ó que debería

-o impacto visual producido ante a falta de concordancia entre as animacións e os fondos
-a resolución resulta incómoda para o usuario
-non se me ocorre nada máis, así que direi que quizais á escolla de cores non se lle deu a importancia que merecía (xD)

NOTA. 8.5


P.D. Sinto, Pablo, que non poidas aceptar a realidade e tentes culpar ós nosos (totalmente verídicos, o que está, por certo, cientificamente demostrado) tests. Si, eres un pervertido, e xa o sabes, jiji!

P.D.1 Se hai algunha falta ortográfica síntoo moito, pero non me apetece nada volver a ler o documento. Vémonos!!
ARI G

No hay comentarios: