Aquí vos deixo as miñas puntuacións das páxinas web. Intentei ser obxectiva e espero que esteades de acordo coas miñas notas.
1. Radiactivos: 8,5
+ a resolución baixa que fai que non sexa necesario usar o scroll
+ a interfaz con forma de radio
+ o emprego de flash, photoshop e dreamweaver
- que tendo unha resolución baixa agradeceríase que a “radio” estivera centrada
- que esa invención da radio tan fantástica se vexa perxudicada pola pixelación da imaxe
- que aínda que hai moitos contidos, a maioría están compostos por enlaces externos
2. Quetequero: 9,25
+ o traballo da páxina integramente en flash porque realmente é o que facilita que teña unha estética máis traballada e máis atractiva
+ as cores e o deseño en xeral
+ a gran cantidade de contidos e variedade, como por exemplo nos tests
- que non se poida ir atrás e adiante no propio explorador senón que teña que funcionar todo con botóns da propia páxina
- que haxa seccións co título un pouco pixelado
- o debuxo do test de pateticismo xD (basicamente porque nunca chegará ó nivel de adorabilidade do fantasma jajaja)
3. Tuttifrutti: 8,25
+ que o deseño e os contidos son moi compatibles
+ as animacións
+ os contidos tan divertidos!
- que non estea centrada
- que a fotogalería non teña a opción de abrir unha foto en grande e despois poder pasar á seguinte sen ter que volver á lista orixinal de fotografías
- que non teñamos máis das cancións do grupo!
4. Ken & The Dolls: 9,25
+ a orixinalidade do proxecto
+ que un deseño de dreamweaver poida chegar a ser tan atractivo
+ que unha interfaz sinxela e sen moita complicación estea totalmente acorde cos contidos, é dicir, cunha páxina sobre un grupo musical
- que por exemplo no meu portátil teña que empregar o scroll
- que se inicie sola a música
- que non haxa máis videoclips!
5. Zapa: 9
+ a combinación de cores e o atractivo da páxina en xeral
+ a interfaz principal coa folla de libreta
+ que aínda que é unha páxina sobre alguén que aínda está comezando na música está moi ben documentada e que se aproveita de todos xeitos todo o realizado por Zapa: poemas, letras, noticias...
- que é un tema pouco interesante
- que quizais ó estar feita sobre unha persoa real lle resta creatividade en canto ós contidos
- que non se poida parar a música
6. Artesala: 8,75
+ a orixinalidade do proxecto
+ a animación do principio empregando fotografías
+ todas as animacións (encántame a do vinilo), as fotografías para os carteis das películas...
- que algunhas imaxes están pixeladas
- que películas con títulos iguais ós orixinais e outras non
- que aínda que a animación está moi ben, despois de vela dez veces non tes xeito de saltala
7. Minimalab: 8,25
+ que os contidos e a estética están moi ben relacionados
+ que ó pasar o cursor por enriba se ve a foto en “mediano”
+ que parece realmente unha páxina dunha empresa polas seccións de “Quem somos” e “Contactos”
- considero que é un tema demasiado fácil de plasmar no deseño web
- a animación do principio
- que as músicas comezan ó mesmo tempo
8. Oitenteiros: 8,5
+ o videoclip!
+ os enlaces a vídeos de youtube se abren na propia páxina
+ os contidos
- que é un tema demasiado parecido a un dos traballos do ano pasado
- que se precisa o scroll lateral
- que as músicas empezan todas ó mesmo tempo e tardan moito en cargarse
9. Aolimite: 9,25
+ a orixinalidade do proxecto
+ o deseño, as animacións, os debuxos... O pavo!
+ que ó estar dirixida a estudiantes, a súa forma de dirixirse ó público é moi cercana e moi acorde co deseño
- a resolución
- que debido ó formato inicial, dos tres pavos e os tres tablóns ou das receitas e todas abaixo, dos pubs... non se poida empregar menos o scroll
- que hai fotografías algo pixeladas
10. Guioniza: 8,75
+ que o estilo e os contidos son moi compatibles
+ os enlaces externos
+ os contidos están moi ben e traballados, como FAQ’s e que se abran nunha ventá nova
- o fondo
- que aínda que é moi orixinal, o debuxo da libreta destaca demasiado sobre o fondo da fotografía
- o scroll
11. Wonderful 5: 8,25
+ a idea
+ o apartado de “Quienes somos”
+ a escolla de cores sinxela pero efectiva
- hai poucos contidos
- a resolución
- as músicas que funcionan poden chegar a ser moi cansinas
Dolores Iglesias Suárez
Mission Impossible Fallout Full Movie Images
Hace 6 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario