miércoles, 1 de abril de 2009

Corrección...

Lo siento chicos, pero me equivoqué en la nota de Guioniza, que copié el archivo de ari... Y en realidad os quería poner un 8,5... No me matéis...

^^

18 comentarios:

andrescsolla dijo...

Seguro que nos ibas a poner algo menos pero ya no te atreves a bajarla tanto xDD. Besos.

Marinis dijo...

Nah, que va, iba a poneros eso, me parece una buena página, pero no os iba a poner un 9,25... No me mates...

Anónimo dijo...

Ante todo grazas por facer o esforzo de avaliar os traballos dos outros grupos. O obxectivo da avaliación grupal era que asumirades certas responsabilidades, a sabendas, que tamén entre vos existe a endogamia e que a obxectividade representa unha cualidade difícil de medir e interpretar. Está ben o debate de criterios, pero penso que non é boa sinal apelar ó compañerismo. Tratábase de que forades un pouco sinceros e que eso non implicase malos rollos. As veces non resulta doado.
Estou repasando as vosas apreciacións. A seguinte mensaxe xa serán as miñas valoracións.
"A creatividade non é sacar un coello dunha chistera. A creatividade é algo minucioso que require comprender con profundidade qué é o que se ten entre máns. Desmenuzar o foco sobre o que se desexa actuar e diseccionalo é un paso obrigado para conseguilo" (Fernando Trías de Bes).
Moitos momentos de creatividade para todos e todas.
marotlo

Anónimo dijo...

Non entendo a disposición das bitácoras do resto dos grupos. Non parecen que estean todas ou é que cambiaron de nome???
marotlo

Anónimo dijo...

Felicidades polo esforzo de avaliar os proxectos, a pesar das reticencias e da tendencia, non sempre útil, a preservar as boas relación entre compañeiros. Felicidades polo traballo. Todos os proxectos teñen garantido o aprobado. O esforzó é evidente e a contrapartida, tamén. Dito isto, hai grupos, e é un feito obxectivo, que puxeron un maior empeño que outros. Hai grupos que barallaron ideas e que tentaron poñelas na práctica, con maior ou menor fortuna, pero arriscáronse e percíbese un maior grao de implicación na tarea a desenvolver. E hai outros que optaron pola vía máis cómoda. Non se complicaron moito a vida. E iso vese perfectamente nos traballos e iso védelo todos á perfección, por moito que sexa unha obriga e un disgusto enfrontarse a un proceso avaliador. Era lóxico que as notas acabaran por sobrerecargarse de voltios de simpatía e non de distanciamento. A camaradería xoga fronte á taimada obxectividade. Iso percíbese, simplemente, revisando as valoracións e as cualificacións de cada proxecto. As veces fronte a proxectos co mesmo esforzó na construcción e plasmación, encontro notas dispares e sorprendentes pola enorme contradicción. Insisto. Era previsible.
En todo caso, y ó contemplar os argumentos sobre os que se basearon as notas, eu son responsable de non ter insistido en aclarar determinados aspectos do deseño web, de non ter feito fincapé nos rasgos básicos do que parte o deseño web, por non ter examinado con máis detenemento os elementos que hai que ter en conta para controlar a realización compositiva. Só espero que os apuntes que faga os podades reutilizar. Enoraboa.

Lembrade que en 2009 se celebran dous cumpleanos:
- o vinte aniversario da aparición da World Wide Web, da mán de Tim Berners-Lee e Robert Cailleau
- o cuarenta da posta en marcha da rede Arpanet, precursora de Internet, gracias ò protocolo de comunicación TCP/IP, inventado por Vinton Cerf e Robert Kahn
Entrevista con vinton Cerf en Público (23/4/09), http://www.publico.es/ciencias/tecnologia/220817/operadoras/policias/internet

Anónimo dijo...

Hipertexto 1
A estrutura webb aséntase sobre 3 pilares sustanciais e absolutamente imprencindibles. Unha páxina, un documento, unha pantalla –como queirades chamar ó espazo de traballo- debe incorporar sempre unha resposta ás seguintes interrogantes:
1. ¿Onde estou?
2. ¿Qué hai aquí?
3. ¿A onde podo ir?
O PRIMEIRO reflicte a marca, a identificación, o nome, o logo, a entidade, a empresa, a organización, a identidade do sitio. O segundo, o contido, a oferta, os servizos. E o terceiro representa o índice, o menú, a lista de navegación. Ë a composición en tres paneis da que falaba xa en 2001 o deseñador estadounidense Jeffrey Veen. Esos tres paneis poden estar situados, dentro do lenzo ou pantalla, onde queramos, poden ter o aspecto que prefiramos, pero sempre teñen que estar presentes. Da igual que na pantalla aparezca unha foto, un debuxo, un párrafo, un aviso ou un guión. A forma de deseñar o panel do logo e da navegación evidencia tamén a identidade estilístico-compositiva do sitio.
NON sirven botóns e/ou flechas que digan ou indiquen atrás/adiante, botón de volver, ou de pincha aquí para entrar ou similares ou como tampouco se pode traballar contando cos botóns do navegador. Da igual que existan páxinas que usen ese tipo de indicacións. Todo aquel elemento que condicione a navegación é contrario ó hipertexto. Si como sistema de exploración opto botón atrás ou adiante estou impoñendo unha ruta única, lineal, secuencial. E o discurso hipertextual é aberto, non lineal, non secuencial, diverso, complexo.

Anónimo dijo...

Hipertexto 2
O USUARIO en cada páxina/ pantalla/ documento ten que sentirse autónomo para tomar decisión e ir, deambular e experimentar como prefira. Esta simulación de libertade consíguese cun menú de navegación consistente e visible en todas e cada unha das páxinas que formen parte do proxecto web. O outro é marcar a viaxe, a ruta. Os enlaces teñen que permitir a construcción de itinerarios propios, alleos á vontade do autor do sitio, quen ofrece as distintas posibiliddes de actuación ós internautas.
O HIPERTEXTO (estrutura que planea na cultura occidental dende 1945 cando Vannevar Bush publicou o artigo As We May Think y, en 1969, Theodor H. Nelson inventa o termo hipertexto) significa texto que se ramifica, que permite moitos camiños de lectura, sendo o lector o que elixe a forma de acceso, evidentemente, a partir dos vínculos que conforman o menú de navegación, imprescindible en cada pantalla, como xa expliquei antes.
marotlo

Anónimo dijo...

Hipertexto e 3
DESPOIS van aparecendo outros problemillas: enlaces que non funcionan; páxinas orfas sin sistema de navegación, sin logo de identificación, nomes de arquivos imposibles; páxinas que aparecen no navegador como “documento sin título”; consolas de música que non son manexables; músicas de fondo que non se poden acallar; elección de tipografías pouco lexibles e que obstaculizan o acceso ós textos; imaxes que non pasaron polo Photoshop e que se cargan lentamente, ralentizando tamén a descarga da páxina completa; vídeos demasiado grandes que tamén se descargan con certa lentitude; imaxes de mapas de bits ampliada máis alá das súas dimensións orixinais e que aparecen pixeladas (as imperfeccións son menos visibles se os recursos son pequenos ou senón habería que traballar cada pixel individualmente para borrar os defectos); músicas que non se escoitan (polo menos, a mín); enlaces con enderezos erróneos ou proxectos que non se visualizan (aló menos, a mín).
Ó ANALIZAR os traballos hai que ter en conta o contido e o deseño. Ambas dimensións conforman unha unidade, unha entidade, unha identidade. Un deseño chamativo, un deseño sobrio, un deseño sinxelo ou calquera outro estilo respostan a un contido determinado. E ambos aspectos son necesarios e relevantes para o producto final. Contido e deseño forman un tándem único e ambos teñen que respostar as expectativas. Hai deseños pouco traballados porque tamén hai contidos pouco coidados. Houbo ideas moi ambiciosas que se espuxeron na clase como futuros proxectos a realizar, e que despois, na práctica, quedaron bastante mermadas. E iso nótase.

Anónimo dijo...

A nota do voso proxecto é un 9

Anónimo dijo...

Botade un vistazo a seguinte páxina sobre deseño e artes visuais que ten un moito parecido co voso proxecto. Parece pensado polas mesmas cabezas:
http://www.inocuoatelier.com
marotlo

Anónimo dijo...

Se queren facer algunha consideración sobre a nota do proxeto, horario de titorías e, e calquera momento, se estou polo centro.
marotlo

Anónimo dijo...

Tamén espero que leran as distintas mensaxes que fun deixando.
marotlo

Anónimo dijo...

Deixo unha animación realizada por Fran que era inicialmente para ese curso que houbo que suspeder por falta de interasados
http://www.youtube.com/watch?
v=qwsBFtIkNrc&feature=
channel_page
marotlo

Anónimo dijo...

A nota desta parte do exame fai media coa parte de Pedro. Un catro sería un aprobado para ambas pares.
Para a revisión, podedes vir o luns de 10:30 a 13:30 e o mércores de 17:30 a 20:30 da semana próxima.
Marina, 6
Dolores, 4
marotlo

Anónimo dijo...

Notas Ariadna:
Parte Pedro:7,2
Parte miña:6
A nota final: suma de ambas e división entre 2.
Noutras mensaxes vou incorporar as respostas do meu exame. Calquera dúbida ó meu correo electrónico de gmail.
Revisión: luns 14 de setembro de 10:30 a 11:30 (no meu despacho).
marotlo

Anónimo dijo...

As nots de Pedro quedan expostas no taboleiro.
respostas1:
1. Características xerais a ter en conta para a súa utilización da imaxe fixa
RESOLUCIÓN (Nº píxeles ou puntos que hai por pulgada ou centímetro).
PROFUNDIDADE DE COR (Nº de cores que compoñen unha imaxe)
TAMAÑO das imaxes.
FORMATOS comprimidos (GIF, JPEG/JPG e PNG, SWF -Formato de Flash que permite animación, audio, vídeo, imaxe fixa e necesita unha aplicación para a súa visualización-, SVG).
TIPOS de imaxes: de mapa de bits e vectoriais
2. Explica a Síntese ou cromosíntese aditiva
Síntese por adición de luces. Suma ou adición das luces vermella, verde e azul que orixinan a luz branca. É o principio da tecnoloxía RGB sobre a que se fundamente a televisión a cor. Cor luz
As cores primarias na mezcla aditiva da luz son: vermello, verde e azul.
3. Que é o cuestionario de Wassily Kandisnky
Cuestionario de Wassily Kandisnky. En 1923, o pintor ruso, que foi profesor na escola de deseño Bauhaus, fixo circular un cuestionario no que pedía que rechearán as formas básicas –triángulo, cadrado e círculo- coas cores –amarillo, rojo y azul-. Descubrir unha correspondencia universal entre a forma e a cor
4. Enumera catro tipos de contraste :
Contraste simultáneo cromático
Contraste sucesivo ou cores de imaxe persistente
Contraste claro/oscuro
Contrase frío/cálido
Contrastes de brillo (escaso contraste)
Contraste entre complementarios (excesivo contrastes)
Contrastes de calidad
Contrastes acromáticos
Contrastes de cálido y cálido
Contraste de frío y frío
Contraste de cromático y acromático
Combinaciones de tonalidade de color
5. Objetivos que debe perseguir un diseño web funcional:
Simple
Claro
Constante
Apropiado
Usable

Anónimo dijo...

respostas2:
6. Directrices de Stanford para la credibilidad en la web
1. Facilitar la verificación de la veracidad de la información que contiene el sitio
2. Demostrar que existe una organización real detrás del sitio
3. Destacar la experiencia humana en la organización, en los contenidos y servicios que se ofertan
4. Demostrar la honestidad y la fiabilidad de la gente que está detrás del sitio
5. Facilitar el contacto con la organización
6. Diseñar el sitio de manera que parezca profesional y que responda al propósito de la entidad
7. Construir un sitio útil y fácil de usar
8. Actualizar con frecuencia los contenidos del sitio
9. Restringir el uso de elementos promocionales (anuncios, ofertas)
10. Evitar errores de todo tipo por pequeño que sean
7. ¿Para qué sirven as CSS?
CSS utilízanse para dar estilo ós documentos HTML e XML, e para separar o contido da presentación. Os Estilos definen a forma de mostrar os elementos HTML y XML. CSS permiten ós desarrolladores Web controlar o estilo e o formato de múltiples páxinas Web ó mesmo tempo. Cualquera cambio no estilo marcado para un elemento na CSS afectará a todas as páxinas vencelladas a esa CSS nas que apareza ese elemento.
8. Rasgos das letras de pao seco. Pon algún exemplo
Letras de palo seco, grotescas ou sans serif: rasgos do meismo grosor e que non teñen remates ou serifs. Exemplos: Helvética, Univers, Franklin Gothic, Futura, Avant Garde, Gil Sans, Arial.
9. Que tres elementos deberían incorporar as páxinas (etiquetas meta) para unha boa identifcación.
título da páxina, descritivo, incluindo unha palabra clave ou o nome do sitio. É o que aparece sempre na barra do título do navegador.
palabras claves ou frases claves, que describan o contido da páxina. Teñen que estar moi ben seleccionadas.
descripión, unha frase que describa o contido e que se corresponda coa descrición que os buscadores ofrecen de cada documento nos resultados de busca.
10. Enumera 5 características da Web 2.0
Fálase dunha arquitectura de participación, de interacción, de construcción colectiva, de redes y comunidades sociales, de horizontalidad, de conversación, de ética de cooperación. Los usuarios añaden valor. Red de conexiones, inteligencia colectiva. Intercambio, colaboración, espacios discursivos donde se interactúa y negocia, donde se elabora, se interpreta y se crea. Espacio comunicativo-relacional, reflexión, diversión, cooperación.
Características: los usuarios se convierten en contribuidores. Publican las informaciones y realizan cambios en los datos. Personas conectándose a personas, a través de redes sociales, wikis, colaboración, posibilidad de compartir.
Simplifica la usabilidad del sitio web
Ahorra tiempo al usuario
Estandariza los lenguajes para una mejor utilización de la re-utilización del código.
Permite una mejor interoperabilidad entre aplicaciones y entre las aplicaciones y las máquinas (software-hardware).
Facilita las interacciones
Facilita el reconocimiento o detección de carencias o nuevas formas de utilización de aplicaciones.
Socialización de la red y participación
Facilita la convergencia entre los medios de comunicación y los contenidos.
Facilita la publicación, la investigación y la consulta de contenidos web.
11. Estrutura típica e elementos esenciais dun documento ou páxina web (pregunta comodín. Pode sustituila por calquera das outras.
(có esquema, identificando os distintos bloques era suficiente)

Anónimo dijo...

Nota animación práctica Ariadna:
8,5
marotlo