viernes, 7 de noviembre de 2008

DESEÑAR OU NON DESEÑAR






En pleno século XXI a tecnoloxía e o deseño cobran novos niveis de importancia. Se ben é certo que isto non é tanto así en Galiza si o é en países como Finlandia, onde se podería dicir que a industria é, practicamente, unha arte máis.


Porén, xorde un problema cando falamos do deseño, non debemos esquecer que este debe acompañar á utilidade e nunca substituíla. O sistema ou producto que o usuario está a empregar debe contar, por suposto, cunha determinada estética, unha certa forma, pero o principal e que a súa función non se vexa perxudicada polo aspecto externo. De nada serve unha bonita carcasa se o móvil non permite facer chamadas, e do mesmo xeito ninguén pagaría por unha mesa na que non podemos apoiar ningún obxecto só polo feito de resultar máis atractiva á vista que outra.



É evidente que vivimos nunha sociedade onde o exterior, aínda que se intente ocultar, é moi importante e non imos negar iso, pero eu pediría dende aquí a todas esas persoas que adican a súa vida a facer dos obxectos un agasallo para os nosos ollos que pensasen nun deseño que convertese realmente en fácil o "abre fácil" do cartón de leite para todos aqueles patos@s que non somos quen de abrilo sen axuda dunhas tesoiras.






Grazas pola atención



Ari G

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu creo que debuxan as tesoiras porque eles mesmos saben que sen elas non é posible abrir os cartons de leite e demais produtos.

Sabela dijo...

Eso de abrefacil es más que discutible
igual que las dichosas anillas de las latas, que como tires un poco de más ahí se te quedan en el dedo. y eso te pone de una mala leche...

yisus dijo...

O meu truco para o abrefacil e doblar a esquina pola liña de puntos tres ou catro veces, e logo rompe con máis facilidade. xD