martes, 30 de diciembre de 2008

A COR NA WEB


Color para sitios web, por Molly E. Holzschlag


"Color para sitios web apareceu para encher un oco existente nos libros contemporáneos de deseño para a web -e para celebrar a natureza profunda da color. Aínda que existe abundante información acerca da teoría da cor, as gráficas ea web, a cor dixital para a web e a cor no contexto cultural, ata onde sei non existen obras nas que se combinen estes temas especificamente para o deseñador Web, a quen se debe habilitar para que faga seleccións idóneas e as execute con destreza, conservando esa fascinación orixinal".


Traducido ó castelán e atopable por un prezo de oferta de 9,95 euros (antes estaba a 45 euros), este libro de McGraw Hill percorre as principais teorías da cor, as técnicas e contén guías impresas (coa súa composición) das 256 cores seguras da web e os nomes en html das principais cores (arredor de 150).
O obxectivo do libro é permitir ó creador de sitios web coñecer como se comporta a cor e como interactúan unhas con outras e así, atreverse con combinacións innovadoras ou máis acordes co contido das webs que deseñan.


A principal pega que se lle pode poñer é que se queda demasiado na teoría e adoece de páxinas amosando exemplos de boas e malas utilizacións da cor en Internet.


Color para Sitios WebMolly E. Holzschlag
Formato: Tapa Dura
Editorial: McGraw-Hill
ISBN: 9701032632
Fecha: 2002
Pags: 175

1 comentario:

ari dijo...

SENTIMOS MOITO A TARDANZA!

FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO!