miércoles, 31 de diciembre de 2008

BO NADAL!!

Xa levamos un bo tempiño metidos no Nadal e moito máis se referimos o comezo desas festas ó momento no que se comezaron a colocar a decoración e as luces polo longo e ancho das nosas cidades (tamén diría vilas, pero en Bribes non nósda para tanto).

Eu non pertenzo ó concello de A Coruña, pero o alumbrado navideño desta cidade é digno de mención (e non para ben precisamente).

A montaxe, realizada por unha empresa que mellor non imos a nomear (por aquilo de non facer contrapublicidade), está composta de: 49 arcos tradicionais, dous letreiros, 350 motivos en farolas, 245 árbores iluminadas, ademais da iluminación e decoración da praza de María Pita. En total, instaláronse 1.530.275 puntos de luz, cun 83,5% de lámpadas de baixo consumo (o que se agradece), ós que hai que engadir os 750.000 puntos de luz en colaboración coas asociacións de comerciantes. Como cada ano, o alumbrado cumple con los criterios de eficiencia enerxética e sostibilidade fixados polo Concello (aínda que na cuestión estética e de deseño non estiveron tan acertados. Non hai máis que facer un recorrido baixo o espantoso teito que cubre toda a rúa de Juan Flórez. Estou segura de que os que vivades preto ou teñades coñecemento do que falo estaredes dacordo).

Porén, en moitas outras cidades da Península están ó tanto da importancia estética. Non hai que esquecer que cando falamos de Madrid (a cidade que máis gasta en luces de Nadal) a historia é moi outra. Os deseñadores españois aportaron as súas ideas creativas para a iluminación navideña.
Finalmente foron catro deseñadores pertencentes á Asociación Creadores de Moda de España, os escollidos para esta acción, tralo grande éxito desta iniciativa o ano pasado. A rúa Ortega y Gasset foi de novo o lenzo da deseñadora Agatha Ruiz de la Prada, Devota & Lomba debuxou na rúa Goya a súa visión máis propia do Nadal, Duyos tomou a Velázquez mentres que a burgalesa Amaya Arzuaga decorou cunha iluminación especial a Serrano.


Como novidade, este ano Madrid tamén se iluminará con 7 magníficas árbores de Nadal deseñadas polos seguintes creadores españois:
Agatha Ruiz de la Prada ten a súa árbore na beira do Río Manzanares

Juan Duyos iluminou coa súa a Praza Picasso

Francis Montesinos fixo o propio no Paseo de Coches do Parque do Retiro

Ángel Schelesser decorou a Praza de Castilla

Elio Berhanyer iluminou a Praza de Oriente

Os irmáns Ailanto teñen a súa árbore na Pza San Juan en Castellana (imaxe).

Aguilar deseñará a súa árbore para o parque da Vaguada


Se alguén está en Madrid ou decide pasarse, que nos mande algunha destas estampas.
FELIZ ANINOVO!!

9 comentarios:

pablo.anconitana dijo...

El árbol de la foto me parece muy bonito, mucho más acertado que los que he visto estas fiestas en otras ciudades.

Lo que sí parece que se lleva imponiendo desde hace unos años es lo de colocar conos enormes -de hasta 15 metros, he visto yo- que emulan ábetos navideños.

Lo que resulta aberrante en muchos casos es la mezcla de decoraciones, aprovechando las luces de hace varias temporadas con las bombillas de toda la vida, y colores, haciendo que algunas ciudades se asemejen finalmente a un enorme club nocturno al aire libre...

Anónimo dijo...

pois polo que vin, que tampouco foi moito, a decoracion de luces en madrid gustame. Claro que outra cousa é o gasto innecesario de tanta enerxia e o diñeiro que custa o deseño, só por levar o nome dunha deseñadora coñecida...
Feliz ano

Vero dijo...

Ola compañeir@s:

A verdade que eu estou en contra de gastar tanto carto en luz, por moito nadal que sexa, eses cartos poderían estar moito mellor invertidos noutra cousa, non vistes este caso?
"Los vecinos de Jun, en Granada, han decidido de forma casi unánime que se destine una partida de unos 5.000 euros a la contratación de varios desempleados del municipio, en lugar de al montaje y encendido de alumbrado navideño, a través de votaciones que han efectuado por internet." (Kiss FM News)

¿Que pasaría se fixesemos isto en tódalas cidades? Non fai falla que non haxa ningún alumbrado, pode haber as luceciñas típicas e xa está, non andar a jode-la vista con tanto resplandor jaja.
Reconozo que quedar, queda bonito, pero non está a economía para andar a tirala, non?É unha opinión.

Un saúdo de ano novo

:)

Anna Kaurismaki dijo...

Hola chicas!

Muy interesante esta entrada.

Yo el alumbrado navideño de Madrid no lo he visto nunca pero el de Lisboa sí, además varios años, y no está mal.

Mi madre siempre hace comparaciones y dice que como el alumbrado del parque del Casino de Estoril (muchos árboles llenos de luces amarillas pequeñitas) no hay ninguno.

Un saludo!

Laura dijo...

Pois en Ames si que temos iluminación, pero a verdade é que bastante sinxela. O que si me parece esaxerado son os altavoces que colocan polo centro do concello (Bertamiráns)con cancións navideñas todo o día :S En canto a Santiago, creo que xa vistes. Para o meu gusto está ben aínda que me segue parecendo un gasto moi innecesario e pouco ecolóxico tanta decoración. Por certo, gran elección a de fin de ano Ari ;)

Anónimo dijo...

A Coruña non é, en ningún caso, comparable con Madrid, dito esto, por suposto que a iluminación de Madrid é impresionante, e a da Coruña... pois menos impresionante.

Dicir que a min sí me parece innovador e orixinal o 'teito' de Juan Flórez, que a iluminación do Paseo Marítimo penso que é sinxela e bonita, e que a da zona da Marina non está tampouco mal de todo.

Pola contra, rúas como a que sube dende precisamente Juan Flórez á praza do Libro deixan bastante que desexar neste aspecto.

O caso e que se fai o que se pode, e o gasto en iluminación por Nadal non me parece un gasto inútil comparado con outros de calquera concello.

Por seguir na provincia da Coruña, e por poñer un exemplo que, ao menos coñecerá a autora do texto, Cambre (concello ao que os dous pertencemos), é un exemplo de pésima e lamentable iluminación, con estruturas de fai dez anos cada catro quilómetros e bombillas, seguro, non precisamente de baixo consumo.

Outro exemplo, Culleredo, das mellores iluminacións de Nadal que vin dende hai anos, cunha cor, azul, moi pouco recorrente.

O caso e que, visto o visto, o da Coruña está na media, e é, para min, aceptable.

Claro que nin seremos Madrid nunca, nin penso que teñemos que aspirar a conseguilo.

Saúdos!

Elena dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Elena dijo...

Obviando el hecho de que, aunque me gusta, me parece una gasto exagerado la iluminación de las ciudades en Navidad, si diré que realmente Pontevedra no es de las ciudades más impresionantes en este aspecto, ni mucho menos.

En cambio cuando pasé estas Navidades por Madrid si me pareció interesante su iniciativa de cada calle un diseñador ya que se nota su profesionalidad.

la_anemona dijo...

hai pouco escoitei o do "control" que en Madrid se levou a cabo con respecto a iluminación, para aforrar un pouco máis este ano.

E teño que dicir que me parece unha excelente idea: está ben que quede moi bonito e todo o queiran, pero en tempos de crise, e cun gasto de enerxía tan inxente coma o que se está levando a cabo, todos debemos colaborar un pouco para prolongar os "poucos" recursos que nos quedan.

Polo menos este é o meu punto de vista, non sei.

Un biquiño e feliz Nadal -con retraso!!-