sábado, 10 de enero de 2009

AMOR, que é iso?




Boas a tod@s de novo! como andamos polo inferno?
Por aquí moi aburrida, vivindo en suspiros, pensando no amor (e vós pensaredes, ari pensandonestas cousas? pois si, pero é para a páxina web.... xa podedes respirar de novo *g*).

O amor é un tema peliagudo, difícil de explicar. Estou segura e que moitos teredes grandes historias que contarnos e que podamos empregar no noso proxecto. Tristes, divertidas ou, cando menos, vergonzosas.
Sei que non resulta fácil airear estes temas como se nada, por iso vou a tomar e a iniciativa e contar un dos meus "dramóns". Non quero risas!!!

Corría o ano 2004, eu aínda non cumprira os 15 anos. Unha idade complicada, época de cambios físicos, novos amigos, novas responsabilidades; en definitiva, MOITA CONFUSIÓN!!
Comezara a quedar cuns rapaces do instituto cos que antes case nin falaba e notei que lle gustaba a un deles (e non precisamente ó guapo, jjj!).
Tentei actuar coma se non pasase nada, pero pasaba o tempo e a situación era cada vez máis imcómoda.
Un día el pediume para saír e eu díxenlle que tiña que sopesar o tema (por suposto non era máis que unha maneira estúpida de gañar tempo, non había nada que pensar!!!).
Cando me sentín "preparada" para dar o NON, tiven que plantexar o famoso DISCURSIÑO DE REXEITAMENTO.
Non é por ti, é que estou nunha etapa da miña vida na que me teño que centrar na miña carreira (Non, non servía. Que carreira, se acababa de comezar 3º da E.S.O.?)
Aaaah! Sempre podía recorrer ó clásico: Somos amigos e non me gustaría estropealo.
Perfecto! Todo estaba planeado.
Fun xunta el e díxenllo tal e como o tivera ensaiado (aínda que cun pouco máis de mirada ó chan e algo menos de relax)
O pobre, algo descolocado, preguntoume se aínda que non fosemos parella podíamos... (bueno xa sabedes) ...liarnos (sinto usar a expresión, a verdade que non me atrae demasiado, pero agora mesmo non se me ocorre ningún sinónimo mellor *g*)


Pero claro, desta vez non había escapatoria, non tiña tempo de pensar ou no seu defecto buscar en Google mil maneras eufemísticas de dicir QUE NON OSTIA QUE NON!


Así que só se me ocorreu: Vale, pero agora non!!!!



Moi triste seino, pero estou segura de que as vosas poden ser mesmo máis patéticas. Agardamos os vosos comentarios (por certo, non queremos discriminar a ninguén. se non son anécdotas relacionadas co amor tampouco pasa nada, estaremos encantadas de recibilas igualmente. Uuuuh! como sonou iso a altofalante de El Corte Inglés, Tres por dos en camisetas interiores para hombre, si no está satisfecho le devolvemos su dinero....Perdón, xa sei, isto xa é pasarse, pero tampouco creo que ninguén se quedase lendo ata o final, así que veña, ata a próxima para os que si chegaron).


P.D. Aquí vos deixo unha adiviña para que aqueles queteñades a mente despexada e o tempo suficiente como para perder o tempo comigo, poñades en marcha esas catro neuronas que vos quedan (por certo, síntoo, pero o tecido nervioso non se rexenera):


un avión onde viaxan bush, hitler, pinochet, fidel castro, ossama bin laden e zacarach colisiona, quen se salva?


P.D.1 si, tamén o sei, as fotos son moi cutres, pero esa é a miña visión: O AMOR É CUTRE!

8 comentarios:

lisitinga dijo...

JAJAJAJA
Gustoume esta entrada compañeira ari.
A ver se alguén se anima a contar a súa experiencia, senón poderán ler un montón de divertidas situacións na nosa páxina.

Anónimo dijo...

O amor pode (ou non) ser cutre, penso eu... Sobre a adiviña nin idea. Sobre a túa historia (que pouco podo comentar) só dicir que ese termo... 'liarse' e derivados... Tampouco creo que sexa un termo tan de adolescentes... Ten o seu significado na realidade e bueno, esa realidad non ten idade, non?

Apertas!

Elena dijo...

O certo é que eu creo que o termo liarse aínda se emprega agora non?

E o amor é algo demasiado complexo, polo menos para min xD

Anna Kaurismaki dijo...

Ohh, el amour!

Muy divertida esta entrada aunque siento deciros, sin intención ninguna de desanimaros, que no creo que nadie esté dispuesto a contaros sus desaventuras amorosas.

Un saludo!


P.d: El amor es lo Mejor del mundo en todas sus formas de expresión.

Anna Kaurismaki dijo...

Por cierto, yo también creo que el término "liarse" todavía se sigue utilizando...

Ah, y donde puse ninguna quería poner alguna... pero tanto da!

Otro saludo

Marinis dijo...

Bueno, para animar puede que cuente yo algunas cosas... Como siempre!!!

Veamoooos... Bueno... Una amiga me contó que... Mejor en otro momento!

Unknown dijo...

Ola rapazas

Eu pódovos contar unha historia que xa queda no pasado pasado, sería sobre 3º ou 4º de primaria, así da menos vergonza,jajaj.
Non é nada doutro mundo, só que eu estaba de moza (sabedes ese tipo de mozos do colexio que non se falaban non se bicaban non se nada...xDD) con outro rapaz chamarémolo Y (acábome de dar conta de que non servía para nada neses tempos ser mozos jeje) e bueno, había outro que estaba detrás miña (chamarémolo G) e o segundo prometíame cadenas de ouro e pendentes de ouro e todo de ouro se eu deixaba a Y, pero claro, eu non me consideraba para nada materialista para deixar a Y por G, ata que me convenceu e deixeino.jajaj. Esa foi a historia.

As cousas que se fan de nenos eh? Bueno se hai por aí alguén namorado de min faime falta un coche (non pido marcas aínda que o Audi apasióname)

xDD
Ata logo!!

Laura dijo...

Ei pois eu lino todo! :P
Que conste que o tema é complicado para facer unha páxina... A ver en que queda a cousa :)

Bks!